XERA organiza, en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, as II Xornadas Internacionais Madeira 2021 - Taller de deseño e construción con madeira, que terán lugar do 7 ao 13 de xuño na Coruña e Arteixo.
Dando continuidade ás primeiras xornadas celebradas o pasado ano, mantense o foco na relación Tecnoloxía-Proxecto a través de tres escalas vinculadas, Territorio-Arquitectura-Moble, e formúlase o deseño e a construción dunha instalación artística de carácter efímero, experimental, dende unha posición de respecto e posta en valor dun espazo de alta calidade paisaxística e medioambiental, valorando aspectos topolóxicos, tectónicos e tipolóxicos, buscando solucións de convivencia entre "artefacto" e natureza.
Titores invitados:
Prazas limitadas: 30 alumnos/as que se organizarán en 2 grupos de traballo.
Mapa de apoios da industria forestal 2022
Axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.
A Xunta impulsa a modernización e competitivade das industrias do sector da adeira e do contract
A Xunta informa en Ponteceso das oportunidades dos novos mercados de carbono
A Xunta incrementa ata os 2,6 M€ as axudas á valoración e á segunda transformación da industria forestal madeira e do Contract
A sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca celebrarase do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
A área expositiva contará con presenza das firmas máis importantes do sector que amosarán as súas últimas innovacións tecnolóxicas e novos proxectos.
De forma paralela á exposición o certame ofrecerá un amplo programa de xornadas técnicas e demostracións continuadas de traballo en monte dirixidas a profesionais do sector así como a outros perfís relacionados como os estudantes vinculados co sector.
A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Tras o éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará destacados profesionais e investigadores de España e Portugal.
O Encontro Piñeiros 22, que leva este ano por lema A cooperación Galicia-Portugal, abordará como principais eixes temáticos dúas cuestións claves: a sostibilidade do recurso en monte, que é un dos grandes desafíos do sector, e a tendencia en auxe da construción en madeira, que representa unha oportunidade para toda a cadea forestal.
O evento, que está cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), poderase seguir de xeito presencial ou on line.
O venres 3 de febreiro ás 10:00h, no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, terá lugar o Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago no marco da colaboración entre a Fundación Catedral e a Axencia Galega da Industria Forestal para a contribución á conservación do rico patrimonio en madeira que alberga o templo.