Enquisa realizada no mes de maio en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer a situación da industria forestal galega no contexto actual marcado polo COVID-19.
A Xunta convoca hoxe 9 M€ en axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais co gallo de impulsar aproveitamentos como o da resina
Esta ferramenta gratuíta para o cálculo estrutural estase a desenvolver no marco do convenio “Madeira en Valor” entre a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE).
TRABE está deseñada para o cálculo estrutural de produtos en madeira e pretende servir de apoio á toma de decisións do prescritor para unha instalación en condicións de calidade e seguridade. Inclúe as principais especies forestais galegas, impulsando os produtos locais de madeira.
Realizada pola XERA e a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra e dirixida á industria forestal galega co obxectivo de coñecer os retos e expectativas que se lle presentan no actual contexto marcado pola pandemia da COVID-19.