22 Mai

#SeguimosAdiante WEBINAR Retos da industria forestal post-COVID19 (25/05/2020)

07 Xul

#Utilizamadeira WEBINAR Presentación do Programa para fomentar a construción e o desenvolvemento de produtos de madeira (07/07/2020)

Martes 7 de xullo de 2020, de 12:00 a 13:00 h

O programa, dotado con 1,7 M€, inclúe catro liñas de apoio ao uso da madeira:

  • Proxectos de nova construción e rehabilitación de naves e negocios
  • Desenvolvemento de envases, embalaxes e expositores PLV
  • Proxectos de execución de vivenda nova ou rehabilitada
  • Obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio
30 Set

WEBINAR Presentación da guía para o marcado CE de produtos de madeira (30/09/2020)

Mércores 30 de setembro ás 12:00 h

Xornada online de presentación da Guía técnica para a implantación do marcado CE en produtos de madeira para a construción, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

28 Out

WEBINAR Presentación da ferramenta web TRABE para o cálculo estrutural (28/10/2020)

Mércores 28 de outubro ás 12:00 h

Xornada online de presentación da ferramenta web TRABE para o cálculo estrutural de produtos de madeira, desenvolvida no marco do Convenio de colaboración entre XERA e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e o fomento da madeira na construción.

24 Nov

WEBINAR Xornada de resultados do proxecto Biomasa AP (24/11/2020)

Xornada de presentación de resultados do proxecto de Biomasa AP, proxecto transfronteirizo cuxo obxectivo é a mellora das capacidades dos centros de I+D das rexións de Galicia e Norte de Portugal para optimizar a explotación do uso da biomasa procedente de restos de poda, matorrais, vide e kiwi.

O evento será dixital e a asistencia gratuíta.

03 Dec

WEBINAR-DIÁLOGO Sobre a importancia da biofilia (03/12/2020)

Presentación do manual "Lugares públicos de estancia con carácter biofílico".

12 Xan

FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA PROFESIONAIS DA INDUSTRIA FORESTAL - Iniciación á construción con madeira

Dende XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, iníciase unha serie de módulos formativos de especialización vinculados á construción con madeira.

A iniciativa está enmarcada dentro das actuacións definidas na Axenda de Impulso da Industria Forestal (1.1.1) e reforza a estratexia de apoio da Axencia aos proxectos de construción con madeira.

O obxectivo é formar a operarios e instaladores do sector interesados en especializarse na construción con madeira, para así dar resposta á crecente demanda deste perfil.

Para iso, como inicio, convócanse os seguintes módulos:

  • Prevención de riscos laborais
  • Tecnoloxía da madeira
  • Mellora continua

Os módulos contarán con formación teórica e práctica. Os contidos teóricos desenvolveranse en modalidade online e a parte práctica reduciuse ao mínimo (atendendo ás recomendaciones de prevención da COVID-19).

26 Mar

WEBINARIO Retos e expectativas da industria forestal (26/03/2021)

Venres 26 de marzo de 10:30 a 12:00 h

Presentación pública das conclusións da 2ª enquisa de conxuntura respecto dos retos e expectativas da industria forestal galega, realizada en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Intervirán D. Manuel Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; D. Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e D. Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra.

As conclusións da primeira enquisa, realizada o pasado mes de maio, están dispoñibles na sección de publicacións desta web.

30 Abr

WEBINAR Materiais avanzados biobasados. Unha oportunidade para o rural (30/04/2021)

Venres 30 de abril de 11:30 a 13:00 h

Encontro para compartir que o proxecto POCTEP Valornature chega ao seu fin e, como resultado da innovación desenvolvida, desde CIS-Madeira presentamos as oportunidades dos subprodutos e residuos xerados en sectores agroforestais e mariños (podas, restos de corta, subprodutos industriais) para a obtención de novos materiais avanzados e sostibles con aplicación en sectores como téxtil, cosmética, embalaxe, mobiliario, construción e elementos deportivos e creativos.

Data límite de inscrición: xoves 29 de abril

01 Xuñ

CURSO ONLINE Entramado lixeiro de madeira para a arquitectura (01-17/06/2021)

Organizado no marco do acordo de colaboración subscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.

Ten como obxectivo que o alumnado adquira os coñecementos e habilidades principais necesarias para desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira. Para iso, analizarase a lóxica estrutural do sistema construtivo para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde arquitectura e estrutura vaian da man. Os/as alumnos/as descubrirán as técnicas, detalles e materiais adecuados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles.

Aforo limitado.